Todo o mes de agosto está abarrotado de festas…. destaco agora simplemente unha foto da xuventude da Montaña do san Lourenzo (Friolfe) que se reuniron na que é xa a terceira xuntanza para celebrar o remate exitoso das festas na honra do santo.
Esta xuntanza sirve tamén para testemuñar que existe relevo xeracional neste barrio para continuar as tradicións e manifesta a unión entre todos. A cena foi na taberna Mirallos en Ferreiros (Paradela).
Deixa unha resposta