Neste documento que se atopou recentemente no arquivo parroquial de O Salvador de Piñeiro podemos coñecer a data de fundación da Cofradía do Rosario nesta parroquia: 1579. É un dato interesante saber que nesta época na que se empezaba a espallar o culto á Virxe do Rosario, xa chegase a súa devoción tan rápidamentes ás terras do Páramo.
Orixen da devoción á Virxe do Rosario
A devoción á Nosa Señora do Rosario remóntase ó ano 1571 coa Batalla de Lepanto. Ante o avance dos turcos cara á Europa Cristiá, o Papa Pío V, pedíu o rezo do Rosario para obter el trunfo dos cristianos, lográndoo e atribuíndolle o mesmo á intercesión da Virxe María. Esto levouno a instituir oficialmente a festa do Rosario o día 7 de octubre.
O Papa Clemente XI extenderá esta festa a toda a Igrexa Universal en 1716, e León XIII no século XIX dalle maior rango litúrxico a esta devoción. Finalmente durante o pontificado de San Pío X (século XX) quedou establecida definitivamente esta festa.
Deixa unha resposta