A Parroquia de Ribas de Miño organizou o día 23 de novembro unha comida parroquial que estivo moi animada. Comezaron os actos coa celebración dunha Eucaristía na igrexa parroquial, presidida por Manuel López, párroco de San Xoán do Campo e sacerdote nativo desta parroquia. A parte musical correu a cargo do Dúo Arume, ao que se uníu o párroco, José Manuel, con acompañamento de guitarra. Posteriormente, desprazáronse ata o local social para compartir un xantar de confraternidade. A sobremesa estivo animada tamén polo Dúo Arume, cunha actuación de preto de tres horas, ata entrada xa a noite.
Deixa unha resposta