Exemplar de vacaloura na parroquia de Piñeiro
http://gl.wikipedia.org/wiki/Escornabois
[A vacaloura (tamén existe a variante vacaloira) ou escornabois (Lucanus cervus) é un escaravello da familia Lucanidae de gran tamaño. Trátase dun insecto no que os sexos son facilmente distinguibles: os machos dispoñen dunhas mandíbulas de gran tamaño, moito maiores que as das femias, que lles serven como medio de loita con machos rivais.A larva deste insecto pasa de un a cinco anos alimentándose de madeira en descomposición, preferiblemente de frondosas, polo que adoita vivir en bosques onde hai abundantes carballos, e razón tamén de que non sexa común en terreos urbanos. As larvas desta especie teñen un apetito moi voraz: de tan só un gramo de peso, poden comer nun só día 22,5 centímetros cúbicos de madeira. As larvas alcanzan un tamaño cosiderábel, chegando incluso a 10 centímetros de longo.
Os adultos aliméntanse do zume das árbores e de zume de froitas maduras. A vida trala metamorfose é moito máis curta cá da larva: tan só de quince días a un mes. Poden voar, alcanzando velocidades de ata 6 km/h.
Existen diversas teorías sobre como se aparean, aínda que a máis probable é que os machos se agrupen en torno ás femias e as disputen en combates que poden chegar á morte dun dos contrincantes.
As femias poñen os ovos en fendas nas árbores, e estes eclosionan ao redor de dúas ou catro semanas despois de ser postos.
Este insecto é considerado o maior escaravello de Europa. O tamaño oscila entre 30 e 90 milímetros no caso dos machos e 28 e 45 milímetros nas femias.
A especie está en regresión debido á perda do seu hábitat e á caza, pois é un exemplar moi apreciado.]
elifeba
Interesante o bicho, non moi bonito, pero de todo hai na viña do Señor…