Homenaxe a Antonio Vázquez López, ‘Antonio do Rodo’

posted in: Páramo, TORRE | 0

image
Antonio do Rodo, Antonio do Xulgado… así é coñecido no Páramo Antonio Vázquez López, quen recibíu unha homenaxe polos seus 42 anos como secretario do Xulgado do Páramo. Os actos comezaron cunha Eucaristía de Acción de Grazas, presidida polo párroco de san Martiño de Torre, José Manuel Castro Alba, por ser esta parroquia onde vive Antonio. Con 91 anos colabora aínda nesta parroquia en tarefas parroquiais, axuđando na liturxia dominical.
Rematada a cerimonia relixiosa, a homenaxe continuou no restaurente Torre de Núñez, cunha comida de confraternidade. Durante o trascurso da mesma, tomaron a palabra Jesús Méndez, ex-secretario do concello e Gumersindo Rodríguez, alcade do Páramo, moderando as intervencións o párroco, José Manuel Castro. Méndez fixo una loa da personalidade de Antonio, destacando as súas cualidades humanas, como referencias para as novas xeracións. Asimesmo, felicitou a súa familia -a súa dona e cinco fillos- por ter alguén así ó seu lado. Pola súa banda, o alcalde, percorreu a traxectoria profesional de Antonio no Concello, facendo un percorrido pola historia e as persoas, tres alcaldes, cos que o homenaxeado coincidíu no concello.
Asistiron á cerimonia veciños das parroquias do Páramo e distintas personalidades vinculadas ó concello e que non quixeron perder esta ocasión para agradecer a laboura de Antonio do Rodo. Entre outros, descacamos a presenza doutro antigo secretario, Antonio, que sustituíu a Jesús Méndéz, ou ó maxistrado José Manuel López Casanova.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.