Son seis as parroquias que levan o nome de “Ribas de Miño” ao carón deste río no seu percorrido pola provincia de Lugo. Esta fregresía do Páramo ten por titular a Santiago, una advocación que xa se menciona nun documento de 1263.
Trala inauguración do embalse de Portomarín bendecíase tamén en 1965 a igrexa nova de Ribas de Miño, no Vilar. A vella, que nun principio se pensaba que ía quedar afectada pola auga, salvouse despois, pero a súa sentenza xa estaba dictada. Podémola ver agora en ruinas.
Da primitiva estructura románica somentes se conserva a portada principal. A parte exterior ten dúas columnas con basas tóricas e capitel con follas e bolas. A columna dereita perdeuse nas obras realizadas para adaptar un contraforte protector da fachada, pois amenazaba con derrubarse. Ten espadaña barroca de dous corpos; inferior, dous troneras e superios de unha e pináculos.
Deixa unha resposta