Entre a documentación existente no arquivo parroquial, é curioso este exemplar da Cofradía do Sacramento de Vileiriz, que contén nun mesmo volume dous momentos distintos da súa historia: os datos primeiros, do século XVII e outras follas do século XVIII. Chama a atención a encadernación, un pergamino cunha partitura de canto gregoriano. A Imaxe a da foto corresponde coa contraportada do libro
P.
Cabería unha posibilidade de que ese pergamino co que se atopa encadernado o exemplar fose anterior? Ou sería máis ben unha copia posterior dun pergamino máis antigo?
Pois, se non me equivoco ese tipo de escritura, o tetragrama e todas esas gaitas, falando claro e mal, virían dende o século X ou así (se nón recordo mal), polo que se nos oferta un abanico cronolóxico bastante amplo.
É por mera curiosidade.
Por certo, un blogue interesante.