En xuño de 2021 rematábase a instalación dun banco na igrexa vella de Ribas de Miño. Despois de varios anos tentando recuperar este edificio que data do século XII, estase tratando de dotalo de elementos que complementen o seu estado ruinoso e que lle dean nova vitalidade. Un destes complementos é o chamado “banco da Cerdeira”. Un sinxelo banco feito de “palés” sobre un muro de pedra de que serve de “maceta” para uha cerdeira que medrou no interior da igrexa co paso do tempo. O seu tronco foi buscanco a luz para sobresair as frondosas ramas por riba da igrexa, xa sen teito que o impedise.
A idea deste banco xurdío ao ver que proliferaban por Galicia moitos bancos, deses chamado “os máis bonitos do mundo”. Pois no páramo xa temos nesta localización un deses bancos. Está na nave lateral da igrexa, diante da porta. Estando esta porta aberta ten unhas fermosas vistas cara a cola do encoro de Belesar ente os concellos do Páramo e Portomarín. Pódense ver restos de antigos muros a algunha fervenza de auga, con paisaxes diversas ao longo do ano, segundo a estación e a altura de auga encorada.
Deixa unha resposta