O san Vitorio en Vilarmosteiro

posted in: Vilarmosteiro | 0

Este domingo celebramos no Páramo a festa do san Vitorio en Vilarmosteiro. Reproduzo a continuación un artigo sobre a romería, que se pode atopar na rede no seguinte enderezo:

http://www.geocities.ws/correodevilarmosteiro/fotosanvitorio.htm

A Romería do San Victorio foi creada a finais do século XIX polo mesmo sacerdote que promoveu a  creación do altar pequeno onde se situou ó San Victorio grande que aparece na foto, anque tamén existe o San Victorio pequeno , reproducción fideligna do anterior, que servía para santificar ós fieles que se achegaban en días sinalados hasta o templo. É curioso que Vilarmosteiro sexa unha das poucas parroquias de Galicia que non adoita celebrar a festa do Patrón con música de campo e verbena, É  a festa do San Victorio a maís importante, tradición que se conserva desde o século  XIX, desde que Don Juán Benito Quiroga  a instaurara en Vilarmosteiro. 

Nos anos setenta xa podemos ver as primeiras imaxes en cor, estamos na era moderna , na era da cor , na etapa da emigración.Na foto podemos ver ás mozas de Vilarmosteiro por diante da  procesión en  Vilarmosteiro levando á Virxe das Victorias a principios dos anos setenta .Na igrexa hai duas Santas Eufemias existente .A primeira é moito anterior e está tamén sostendo unha espanada no cimo do altar maior. A santa Eufemia grande foi feita por o cura de Mundín a principios do século XX. O pelo desta santa é natural, foi donado por unha muller da parroquia naquel momento. Unha das tradicións máis curiosas é que as mozas sempre levan á Santa Eufemia e ós homes o  San Victorio.

 

Nos  anos sesenta e setenta  a romeria perde vigor.

Era o San Vitorio un lugar onde as familias traían as suas merendas ó campo da feira que se enchía toda de romeiros. Hoxe en día segue habendo xente con fe  que vén desde distintos lugares da parroquia, moi coñecidos no lugar son os veciños de San Xoan do Campo de Guntín de Pallares. Vilarmosteiro é unha das poucas parroquias que tendo por patrona desde fai máis de mil anos a Santa Eufemia  celebra a festa do San Victorio.  Poucas orquestas de Galicia son descoñecedoras do Campo da Feira do Páramo, é sorprendente como unha parroquía tan pequena, con tan poucas casas, e tan pouca xente foi capaz de acoller a orquestas que se empezaron a facer famosas nas terras de Lugo, gracias a esta festa. A orquesta Compostela, que hoxe é coñecida sobradamente en Galicia , tivo o seu momento de auxe e de fama gracias ó San Victorio e ós mesmos ramistas que trouxeron anos máis tarde a Sito Mariño. Ademaís cando os artistas son contratados para o San Victorio acostuman a preferir este lugar ainda a menos cartos pola grade fama que lles reporta. A festa celébrase con dous ramistas  ou tres tódolos anos no Campo da Feira do Páramo en torno ó día 27 de cada mes. O ano 1998 representou unha grande afluencia de público, gracias a  chegada do cantante Sito Mariño, e á grande promoción que se lle deu pegando carteles por toda a comarca . Calqueira pode vir e aparcar gratis, disfrutar da festa ou da sesión vermouth, e ver a procesión  con historia. Sexa como sexa  o San Victorio seguirá por moitos anos.


 

Na foto vemos a procesión do San Victorio a principios dos anos cincuenta. Nesta antiga foto se nos fixamos podemos contemplar tódo-los santos da igrexa en procesión. En primeiro lugar un home levando a cruz , logo as mulleres coa Santa Eufemia, a continuación tamén as mulleres coa Virxe das Victorias el logo os demais santos entre os que se encontra o San Victorio.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.