A parroquia de Friolfe conta coa igrexa románica, dedicada a San Xoán e a Capela de San Lourenzo, na Montaña. Segundo o censo de 2009 conta con 224 habitantes.Está integrada polos seguintes barrios:
- Bicás
- Bravos
- A Cabana
- Cabanas
- A Cancela
- Escouprín
- Friolfe
- Guisande
- Lagoa
- Mato
- Outeiro
- Pacios
- Quintián
- Rebordelos
- O Redondo
- Regueiro Escuro
- San Pedro
- Seoane
- Vigo
- Vilanova
- Vilariño.
A Igrexa parroquial ten un pórtico lateral e está cuberta de lousa sobre madeira con apoio nos muros do templo. Queda un panteón no atrio, resto do antigo cemiterio que se trasladou a un novo a uns 500m. da igrexa, xunto á estrada de Paradela. Foi reformada no 1800, pero pódense apreciar vestixios da primitiva fábrica románica. O frontis facilita o acceso á nave cunha elegante porta románica, en arco de medio punto, formado por dous arquivoltas baquetonadas con escocias, lisa no interior, con bolas no exterior. O tímpano presenta tres cruces de Malta, con astil iniciado. A nave, a dúas augas, con cuberta de tella sobre armadura de madeira. Ten unha porta lateral (norte) románica, con arco de medio punto e tímpano adintelado e cruz de Malta. O resto do templo é obra de 1800. A espadana é esbelta. Presbiterio máis alto e amplo que a nave, a catro augas, bóveda de aresta sobre catro arcos e pilastras de lineas neoclásicas. Ten a sancristía no lateral sur.
Deixa unha resposta