San Xoán Bautista, patrono de Friolfe

posted in: FRIOLFE | 0

A importancia do nome
Desde logo no nacemento de Xoán ocorreron feitos singulares e insólitos. En principio, o neno debería chamarse Zacarías, como o seu pai. Pero os pais, Zacarías e Isabel, sen poñerse de acordo e por
separado, presentiron que «o seu nome era Xoán». A Zacarías volveulle a fala cando o escribiu. E, sobre todo, o neno «saltou de gozo» e foi santificado no seo de Isabel, cando «a nai do seu Señor foi a visitala».
Por iso celebramos hoxe a Natividade de San Xoán.
O evanxeo de san Lucas insiste repetidamente no seu nome: Xoán. Na Biblia, con frecuencia, o nome dunha persoa adquire especial valor porque expresa a súa vocación, a súa misión. Xoán significa -en hebreo- “Deus ten misericordia” ou “Deus está da miña parte” ou “Deus concede o seu favor”. Todo vén a dicir que Deus mostra e comunica o seu amor. O seu favor, o seu amor, para con aqueles pais -Isabel e Zacarías- que querían ter un fillo e non viña (entón os fillos tíñanse moi novos e ao chegar a unha idade adulta parecía que xa non se podía telos). O seu favor, o seu amor para co seu pobo, xa que aquel neno será o anunciador, o preparador da gran revelación do amor de Deus.

O sobrenome
Desde os primeiros tempos Xoán é recoñecido co sobrenome de Bautista. Sobrenome que fai honra á súa misión espiritual. Xoán dedicábase a anunciar a conversión e a preparación para a chegada do Mesías a través do bautismo. O seu bautismo con auga tiña lugar no río Xordán. Alí acudían todo tipo de persoas que escoitaban a Xoán e facían un propósito de conversión de vida a través da liturxia da inmersión nas augas do río.
Ao falar de Xoán o Bautista podemos afirmar que estamos ante unha opción de vida fóra do habitual no xudaísmo do cambio de era. As imaxes evanxélicas presentan ao Bautista como un home de ideas claras que adepta unha postura fronte á sociedade contemporánea. A dureza das súas palabras -que teñen un ton profético- contrastan co espírito mesiánico da súa mensaxe -como o que prepara o camiño ao Señor-. O Xoán profeta sería un mensaxeiro de Deus seguindo a tradición profética do Antigo Testamento. A súa mensaxe tiña como centro o anuncio da plenitude do tempo e a chegada do Mesías proclamado e esperado polos seus predecesores. O manto de pelo de camelo é fiel reflexo da súa
identificación e vinculación coa profecía. A súa escasa alimentación -saltamontes e mel silvestre- (Mt 3, 4) sitúao á marxe de calquera tipo de identificación social da época e reflicte a súa austeridade e independencia material. Estes elementos fan que el mesmo se presentase ante os demais como a voz que clama no deserto e como o precursor do Señor que prepara o terreo para a súa vinda seguindo a tradición profética de Isaías (Is 40, 3). Para o profeta, a purificación ritual formaba parte dun dos elementos máis importantes para a recepción mesiánica. Unha purificación que en Xoán non se limita ao pobo de Israel senón que pretende estenderse ao mundo enteiro e, desta forma, universalizar un rito  elixioso.

Mensaxe
O Bautista anunciaba a conversión, o cambio de vida e unha opción radical en favor de Deus. A separación entre o gran e a palla, a xustiza e a inxustiza, así como o carácter xudicial de Deus. Estaba convencido de que a súa mensaxe consistía en cambiar as vontades dos crentes para que, chegado o momento, o Mesías atopase un terreo abonado para a súa predicación e o anuncio da súa mensaxe. A súa radical opción de vida levouno a usar unha linguaxe sen disimulos
e a denunciar todas as situacións irregulares que vía ao seu paso. As denuncias da ilegalidade do matrimonio de Herodes Antipas con Herodías, así como o anuncio da chegada inminente dun Mesías liberador e xudicial, foron razóns suficientes como para dar cos seus ósos en prisión.

San Xoán Bautista é patrono dos condenados a morte, músicos, cantores, navalleiros, cardadores, presos, fabricantes e comerciantes de pel. É protector dos mananciais de auga, das autoestradas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.