Álbum de fotos:
O domingo17 de abril as parroquias do Páramo acudiron á Catedral de Lugo para participar no xubileo da Misericordia. Concentráronse na praza de santa María, onde os recibíu o bispo, mons. Alfonso Carrasco e o deán da catedral, Mario Vázquez, quen despois dunha explicación dos ritos do xubileo e o significado da entrada pola porta santa, presidíu a celebración eucarística, concelebrada polo párroco, José Manuel Castro. Rematada a misa, visitaron a Cetedral e, no claustro, o canónigo César Carnero, fixo un percorrido pola historia da mesma. Asistiron a este evento máis de setenta persoas, dos que 63 compartiron a continuación un xantar de confraternidade.
Deixa unha resposta